viernes, 16 de marzo de 2012

OFICIOS MAMÁ

Este ano, para traballar o proxecto dos oficios, quixemos facelo relacionándoo co DÍA INTERNACIONAL DA MULLER...
Queremos agradecer ás familias que colaborastes enviando as fichas da profesión de MAMÁ e PAPÁ.
Este é o mural que fixemos.


Temos todo tipo de OFICIOS, cousa que nos encanta...




martes, 6 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER

MAMÁ TRABALLADORA...

O próximo día 8 de marzo é o día da muller traballadora e por iso estamos a ver os OFICIOS que teñen mamá e papá...

Aquí hai datos que poden ser interese: guia infantil

Tamén podedes ver información en: día internacional da MULLER

Iremos vendo o que dá de si.
Grazas por estar!

martes, 28 de febrero de 2012

Entroido 2012- a festividade

As imaxes mostran a actividade que desenvolvemos o VENRES 17 de febreiro.
PASÁMOLO PIPA, e ante todo GRAZAS ÁS FAMILIAS...

Enviaron a roupa para vestir aos ananos e ananas,
enviaron alimentos elaborados propios destas festas,
e colaboraron en todo momento!!!

Pero sobre todo.... VIÑESTES VISITARNOS E ADMIRARNOS.... GRAZAS MAMÁS E PAPÁS!!!














Entroido 2012-preparando ferramentas

As imaxes mostran o proceso de elaboración das FERRAMENTAS DOS ANANOS E ANANAS que no entroido acompañaron á fermosa BRANCANEVES, a súa MADRASTRA e ao PRÍNCIPE AZUL!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

NEO POP

Seguimos creando...

Isto é para "ir espertando curiosidades" do que andamos a facer...

ceron... neo pop


(Obra de Romero Brito)

A TOUPIÑA

A mascota de infantil é A TOUPIÑA


Sempre que podemos a última hora da tarde do MÉRCORES vemos un vídeo (5 minutos)
que despois comentamos entre todos.
A semana pasada foi sobre o FRÍO e o BONECO DE NEVE
Esta semana tratamos o CARBÓN como conbustible para facer LUME nas estufas.

Vai de movemento (2ª parte)

A PSICOMOTRICIDADE FINA
 é aquela que se fai sobre todo cos DEDOS das MANS...
E niso estamos... Con PLASTILINA aprendemos a facer

 o CHURRO ...


e a BOLA...



As formas básicas para crear calquera cousa que se nos ocorra.