Mostrando entradas con la etiqueta 5 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5 anos. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de abril de 2012

O ACUARIO NA CORUÑA

 O ACUARIO gústanos sempre...
Este ano fomos ver ás FOCAS. Tiñamos moita curiosidade e puidemos preguntar todo o que quixemos.

 No NAUTILUS vimos a GASTÓN... que tiña unha pequena ferida...
Non puidemos ver a HERMOSA, que está no "hospital para TIBURÓNS" porque anda maliña...
Todo o rato nos preguntamos QUE ENFERMIDADE PODE TER!!!
 Xa na escola, procuramos recordalo todo... e FIXEMOS UN ACUARIO, ao noso XEITO...



Ainda non está rematado... pero GÚSTAVOS??

viernes, 27 de abril de 2012

A DOMUS NA CORUÑA

Ir a ver unha PELI en 3D sempre é emocionante... A DOMUS molou un montón... e ademais... vimos aos 5 GRANDES: SAFARI-DOMUS 3D
 Despois, puidemos experimentar cos elementos que alí había... OS SENTIDOS SON FUNDAMENTAIS PARA EXPERIMENTAR... ADIVIÑA A QUE ULE!!!
 ADIVIÑA A QUE SABE....
 Con este aparello, facendo bibicleta puidemos ver como se move o noso ESQUELETO...
Esta foi a nosa mañá...

miércoles, 18 de abril de 2012

CREACIÓNS


 ESTIVO DÍAS E DÍAS...

TRATANDO DE INVESTIGAR COMO FACER UNHA XAULA
ATA QUE A LOGROU PERFECTA... (NON TEÑO FOTO DA OBRA DE ARTE, PERO IGUAL O VOLVE INTENTAR...)




ATARSE OS CORDÓNS


ISTO É MOI MOI DIFÍCIL, PERO ALGUNHAS TEMOS MOITA GANA DE APRENDER... ASI QUE NADA...
A PRACTICAR... SE XA ES CAPAZ DE ATAR PODES TRAER ZAPATOS DE CORDÓNS...

miércoles, 1 de febrero de 2012