Mostrando entradas con la etiqueta excursion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursion. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de mayo de 2012

PRÓXIMA SAÍDA

O MÉRCORES día 23 de maio INFANTIL ao COMPLETO (3, 4 e 5 anos) vai de excursión a SANTIAGO, para ver unha sesión de monicreques...
Este evento realízase para finalizar a celebración das LETRAS GALEGAS DESTE ANO 2012.
 DO RE MI MOZART XOGA AQUI

Será no espazo SGAE-Fundación Autor (Rúa Salvadas, 2A. Parque Vista Alegre, Santiago de Compostela)

QUEIXERÍA - VISITA OBRADOIRO

Como cada dous anos, volvemos visitar a QUEIXERÍA ARQUESAN.
Polo xeral, procuramos ir 4 e 5 anos... Este ano foi FINA e MARTA (é que Marta tampouco fixera nunca un queixo tan rico, jeje).
O primeiro que fixemos foi prepararnos para o traballo

 Había que preparar o leite para que CALLARA...
Puxémoslle SORO...


REMOVEMOS e CORTAMOS o leite...


A MODO, PACIENCIA...

Había que agardar para que collera consistencia, asi que preparamos a ETIQUETA, para cada QUEIXO...


PROBAMOS como ía quedando de SABOR...





Dámoslle a FORMA cun MOLDE




O resultado, en fin quedei sen sitio na cámara para poder retratalo... (pero atopei pola "nube" outra referencia que vos pode axudar a imaxinar como quedou, un queixo elaborado: mira como quedaría).
Dicir que ao alumnado que asistiu a queixería enviáronlles ao centro os queixos unha vez curados...
QUE, ESTÁN BOS!!

sábado, 28 de abril de 2012

O ACUARIO NA CORUÑA

 O ACUARIO gústanos sempre...
Este ano fomos ver ás FOCAS. Tiñamos moita curiosidade e puidemos preguntar todo o que quixemos.

 No NAUTILUS vimos a GASTÓN... que tiña unha pequena ferida...
Non puidemos ver a HERMOSA, que está no "hospital para TIBURÓNS" porque anda maliña...
Todo o rato nos preguntamos QUE ENFERMIDADE PODE TER!!!
 Xa na escola, procuramos recordalo todo... e FIXEMOS UN ACUARIO, ao noso XEITO...



Ainda non está rematado... pero GÚSTAVOS??

viernes, 27 de abril de 2012

A DOMUS NA CORUÑA

Ir a ver unha PELI en 3D sempre é emocionante... A DOMUS molou un montón... e ademais... vimos aos 5 GRANDES: SAFARI-DOMUS 3D
 Despois, puidemos experimentar cos elementos que alí había... OS SENTIDOS SON FUNDAMENTAIS PARA EXPERIMENTAR... ADIVIÑA A QUE ULE!!!
 ADIVIÑA A QUE SABE....
 Con este aparello, facendo bibicleta puidemos ver como se move o noso ESQUELETO...
Esta foi a nosa mañá...