lunes, 19 de marzo de 2012

AS NOSAS COCIÑEIRAS

Tatatachán!!!
A QUE NON SABÍAS O QUE HABÍA DETRÁS DAQUELA PORTA DE METAL?
POIS SI, A COMIDA NON SE FACÍA SOA, XA MO PARECÍA A MIN!

LOURDES é a cociñeira, todos os días nos prepara comidas exquisitas!
Aquí nos ensina onde se gardan as cousas que precisan frío:
NA NEVEIRA.

 "Teñen un motón de utensilios, todos ben ORDENADIÑOS..."

e unha CORTADORA DE FIAMBRES QUE XA A QUIXERA EU NA MIÑA CASA!!


A POTA para facer guisos e potaxes é moi GRANDE, tanto que non se pode mover...

MERCEDES amósanos como se limpan as AMEIXAS, por que hoxe é o que temos para comer...

Mirade, que SOFRITO!!!

E vistes as FRITIDORAS de PATACAS? IMPRESIONANTES...

MARI CARMEN CORTA O PAN

E ANUNCIA pon a MESA...

Todos os DÍAS a mesma CANTINELA,
pero como nos GUSTA que lles GUSTE CANTAR...
ÁS NOSAS COCIÑEIRAS DO COLE!!!!

GRAZAS por INVITARNOS A VISITAR A COCIÑA...
AGORA XA SABEMOS QUE HAI DETRÁS DESA PORTA DE METAL.

(todo hai que dicilo, que rico o bocadillo de NOCILLA)

1 comentario:

marta dijo...

Grazas a Lourdes, MariCarmen, Mercedes e Anuncia por amosarnos parte do traballo tan importante que realizan cada día. Menuda cociña máis chula que ten o noso cole!!!!