jueves, 24 de mayo de 2012

PARTICIPACIÓN no Certame de Cooperativismo 2012


Este ano decidimos colaborar cun video que presentamos no FESTIVAL das LETRAS.
O contido do mesmo realizouse coa axuda de PEPA, na idea orixinal.
Ademais, participaron na realización do video MARTA e MAPI
e botaron unha man Mª CARME MIDÓN e Mª CARME CAROU.

Coa montaxe do mesmo tivemos algunha axuda externa... jeje.
Estamos aprendendo a facelo nós mesmas, pero imos puco a pouco.

En todo caso, agardamos que o ARDUO TRABALLO que supuxo realizar este sinxelo video PARA TODOS OS NENOS E NENAS
 mostre o importante labor de cada un das/os INFANTES, no proceso de cooperación.


Agardamos que o disfrutedes
(pedimos desculpas pola calidade, pero é que non o damos subido con máis,
se alguén o quere ver con máis, por favor, contactade conosco)

jueves, 17 de mayo de 2012

PRÓXIMA SAÍDA

O MÉRCORES día 23 de maio INFANTIL ao COMPLETO (3, 4 e 5 anos) vai de excursión a SANTIAGO, para ver unha sesión de monicreques...
Este evento realízase para finalizar a celebración das LETRAS GALEGAS DESTE ANO 2012.
 DO RE MI MOZART XOGA AQUI

Será no espazo SGAE-Fundación Autor (Rúa Salvadas, 2A. Parque Vista Alegre, Santiago de Compostela)

SEMANA DAS LETRAS

LUNS: Empezamos co premio por participar no certame "SENTIR EN GALEGO"

MARTES: "Festival de Infantil e Primaria"...

Todo estivo precioso, pero a obra teatral co espectro de
Valentín Paz Andrade (Letras Galegas, 2012) foi moito!!!

MÉRCORES:

Contacontos na Biblioteca


Simulacro de EVACUACIÓN... Algún pasamos MEDO de VERDADE!!!

 Xogos Populares
Agotador...

Eu quedei exhausto...

QUEIXERÍA - VISITA OBRADOIRO

Como cada dous anos, volvemos visitar a QUEIXERÍA ARQUESAN.
Polo xeral, procuramos ir 4 e 5 anos... Este ano foi FINA e MARTA (é que Marta tampouco fixera nunca un queixo tan rico, jeje).
O primeiro que fixemos foi prepararnos para o traballo

 Había que preparar o leite para que CALLARA...
Puxémoslle SORO...


REMOVEMOS e CORTAMOS o leite...


A MODO, PACIENCIA...

Había que agardar para que collera consistencia, asi que preparamos a ETIQUETA, para cada QUEIXO...


PROBAMOS como ía quedando de SABOR...





Dámoslle a FORMA cun MOLDE




O resultado, en fin quedei sen sitio na cámara para poder retratalo... (pero atopei pola "nube" outra referencia que vos pode axudar a imaxinar como quedou, un queixo elaborado: mira como quedaría).
Dicir que ao alumnado que asistiu a queixería enviáronlles ao centro os queixos unha vez curados...
QUE, ESTÁN BOS!!

miércoles, 2 de mayo de 2012

XOGOS COOPERATIVOS

HOXE, POLA MAÑÁ, ESTIVO AMPARO NO COLE, É DA COOPERATIVA EQUAL, E VEUNOS AXUDAR A APRENDER E COORPERAR A TRAVÉS DUNS CURIOSOS E DIVERTIDOS XOGOS...

ENTRE OUTROS DESCUBRIMOS O QUE NOS GUSTA O NOSO NOME.

E PROCURAMOS ERGUERNOS DO CHAN POR PARELLAS SEN SOLARNOS DAS MANS...

ADEMAIS

ESTAS FOTOS SON DO XOGO DE EQUILIBRIO

E RESPONSABILIDADE...


HAI QUE PROCURAR NON TROPEZAR...


NON ESTAMOS SÓS...


ESTAS OUTRAS FOTOS SON DUN XOGO QUE NOS INVITA A AGARDAR...
TEMOS QUE ENTRAR UN POR UN, CADA VEZ QUE ESCOITABAMOS O SINAL...

CANDO HAI TRES XA FORMAMOS GRUPO.

NON CHE É TAN FÁCIL MOVERSE CANDO TES QUE POÑER DE ACORDO
A OUTROS DOUS... (PARECE DICIR CLAUDIA...)

PREPARADOS PARA FACER UNHA CARREIRA?


TAMPOUCO É TAN DOADO, AÍNDA SABENDO O CAMIÑO...


PARA ACABAR ESTE XOGO CON AROS, A PROPOSTA FOI IR SAÍNDO DOS AROS E PROCURAR ENTRAR NOUTRO... PARA QUE ENTREN CADA VEZ MÁIS...
 NON QUEDA OUTRA: ABRACÉMONOS!


COOPERAR É O MÁIS DIVERTIDO!!!

COMPARTE!!!

TODO ISTO A CONTO DO certame de cooperativismo 2012 no que imos procurar participar

MMM QUE RICO

E QUE?
QUEDARON BOS??

ULÍAN POR TODO O COLE...


- HERE YOU ARE...
-THANK YOU.

PODO?
CLARO...
OS DE TRES TAMÉN FIXERON... AQUEL VENRES...
(pero non teño fotos...)

BISCOITOS 2


O 18 e o 20 de ABRIL TOCOU AOS DE 5 e aos de 3 ANOS FACER UN BISCOITO:
ESTE, DE NOCES...

ABRIR NOCES

BATER OVOS















BATER XEMAS DE OVO...


POÑER O AZUCRE
 MESTURAR TODO
POÑER NO CACHARRO CUBERTO DE MANTECA 
 E PARA O FORNO

XA ULE!